Modificativo antiemprego

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes afirma que o modificativo non so non corrixe as eivas do orzamento en materia de reactivación económica senón que profunda nelas ao no dedicar nada a promoción económica e xeración de emprego. Cero euros dos máis de 10 millóns neste modificativo para intentar acadar unha solución para os preto de 25.000 coruñeses e coruñesas que se atopan desempregados.

Esquerda Unida considera que o modificativo de crédito e a constatación da desidia, impotencia e incapacidade do goberno municipal en materia de creación de emprego, de feito reduce signficativamente os investimentos na cidade. A propia intervención municipal alerta do descenso do investimento real neto de 1,8 millóns de euros. O PP co expediente de modificación de crédito, reduce entre outros o capítulo 6 por importe de 3.249.156 € para dotar o capítulo 4 de transferencias correntes con 5.482.898 € dedicados por unha banda a cubrir o déficit presupuestario relacionado coa subvención á Compañía de Tranvías, o que demostra con claridade como o PP presuposta de costas a realidade pois ten que dedicar 2,7 millóns para subvencionar o bus cando o número de pasaxeiros descendeu neste período. É dicir que o goberno municipal infradotou esta partida con alevosía nos orzamentos do 2013 nun claro fraude a veciñanza.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”o PP segue a afondar na política do pan e do circo en lugar de investir en traballo e servizos sociais como demanda a cidadanía dedica 2.235.000€ a festexos e turismo”. É dicir que continúa coa mala praxe de centrar o esforzo inversor do concello no IMCE e no Consorcio de Turismo, organismos de máis difícil control por parte da oposición. Con este novo incremento, nuns orzamentos xa de por si tremendamente enchidos nestes conceptos, semella que o goberno municipal ten pensado tirar a casa pola fiestra nos vindeiros festexos para intentar ocultar a súa incapacidade para desenvolver políticas destinadas a paliar a crise.

 

Dende logo, nos proxectos de Coruña Futura, que onte se nos presentaba se falaba de promover a economía verde, a ecotecnoloxia, a industria dixital, o I+D+i e a sociedade do coñecemento, non os festexos.

Relacionados