Modificativo crédito

Esquerda Unida denuncia que no modificativo que ven de aprobar o goberno local destínanse 4.690.000 € a recoñecementos de créditos, a falta de ter acceso a toda a información de soporte posto que ás 15:00 pecha a oficina corporativa onde os grupos da oposición teñen que facer cola para fotocopiar a información, supoñemos que trátanse de compromisos de pago sen soporte orzamental. De confirmarse este aspecto atopariámonos diante dunha situación de extrema gravidade pois significaría que o goberno municipal está a gastar sen ter presuposto para elo, é dicir que prácticamente destina a metade do modificativo para recoñecer créditos incrementando a súa débeda financeira.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o goberno municipal sigue a afondar na política do pan e do circo destinando 2.235.000€ a festexos e turismo. É dicir que continúa coa mala praxe de centrar o esforzo inversor do concello no IMCE e no Consorcio de Turismo, organismos de máis difícil control por parte da oposición. Con este novo incremento, nuns orzamentos xa de por si tremendamente enchidos nestes conceptos, semella que o goberno municipal ten pensado tirar a casa pola fiestra nos vindeiros festexos para intentar ocultar a súa incapacidade para desenvolver políticas destinadas a paliar a crise.

Dende logo, nos proxectos de Coruña Futura, que onte se nos presentaba se falaba de promover a economía verde, a ecotecnoloxia, a industria dixital, o I+D+i e a sociedade do coñecemento, non os festexos.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”o PP sigue a substituír a política social pola beneficiencia, neste modificativo incrementa as subvencións a dedo en 398.000 € mentres que o fai tan so 60.000 € para emerxencia social, e dicir que aplica preto de 7 veces menos importe a políticas públicas sociais que a convenios nominativos e dedica, neste modificativo,  un so euro de cada 167 a emerxencia social. Con todo seguro que o PP centrará o seu discurso en afirmar que o modificativo é para blindar a política social. É dicir que esa ampliación en emerxencia social non é máis que unha coartada para tapar as súas chapuzas orzamentais, que logo non chega nin a executar como xa pasou nalgún modificativo do anterior exercicio”.

Relacionados