Modificativo de crédito

 

Mentres o Goberno municipal, lonxe de aplicar políticas encamiñadas a reactivar a economía local e fomentar a creación de emprego, propón a eliminación de 300.000 euros destinados a impartir cursos de formación para desempregados.

 

Para Esquerda Unida o modificativo de crédito e a constatación da renuncia do Goberno Municipal a reactivar a economía local e a fomentar a creación de emprego. Neste sentido o voceiro de EU-V, César Santiso, afirmou que “este tipo de políticas son a demostración plausíbel de que si o PP gaña as eleccións afundirá aínda máis o país na crise, rematará co estado do benestar e acadará máis de 6 millóns de desempregados”.

 

César Santiso, indicou que “o PP está a burlarse das 20.861 persoas desempregadas cando utiliza a desculpa da inexistencia de desempregados dispostos a recibir cursos de formación para eliminar a partida de 300.000 € destinada a tal fin, cando segundo a última enquisa de poboación activa o desemprego na nosa provincia supera o 16%.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o Goberno local discrimina a veciñanza de Pedralonga e do Castrillón ao retirar as partidas destinadas á escola infantil e o polideportivo, de 500.000 e 300.000 € respectivamente.

 

Todos os habitantes da Coruña deben ter os mesmos dereitos de acceso á educación infantil e as instalacións deportivas, o Goberno municipal, mediante as modificacións orzamentarias decididas fai uns días e que se someterán a votación no próximo Pleno do Concello, coarta a materialización dos devanditos dereitos.

 

Asín no modificativo de crédito o PP anula á construcción da escola infantil de Pedralonga baixo a desculpa de falta de demanda de prazas de educación infantil na zona, e a previsión de construír escolas infantís alá onde exista demanda. A proba de que o devandito argumento é unha falacia é que si o Goberno municipal tivera a verdadeira intención de construír escolas infantís alá onde houbera demanda, cambiaría o lugar da construcción da escola prevista, pero non eliminaría os cartos do presuposto.

 

Por todos estes feitos, Esquerda Unida entende que o Goberno municipal desenvolve uns recortes que constitúen un ataque directo ao dereito dos cativos da nosa cidade á educación infantil, ao dereito de toda a veciñanza de ter acceso á instalacións deportivas e á asistencia municipal na procura de emprego, o que demostra que o Goberno municipal do Partido Popular ten marcado un rumbo político orientado a facer recortes nas partidas orzamentarias destinadas a proporcionar servizos os cidadáns. Políticas diametralmente opostas as defendidas por Esquerda Unida – Os Verdes que ten como prioridade no no ámbito municipal a educación, a dotación de infraestructuras sociais nos barrios e a execución de políticas activas de emprego.

Relacionados