Morte dunha paciente en Povisa

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2013.- A morte dunha muller de Vilanova no hospital de Povisa, en Vigo, produciuse logo de que de avariar o aparato de electrocardiogramas do Punto de Atención Continuada (PAC) de Cangas do Morrazo. O pasado martes esta persoa chegou en ambulancia ao PAC de Cangas afectada por unha cardiopatía. O aparato destinado a probas electrocardiográficas non funcionaba e é derivada, de novo en ambulancia, ao hospital vigués de Povisa. Durante o traslado non hai incidencias. Alí, no servizo de urxencias, morre.

Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través da súa deputada Chelo Martínez, esixe á Consellería de Sanidade explicacións polo acontecido. E quere saber, como amosa a pregunta rexistrada no Parlamento (no documento anexo), se a demora na proba electrocardiográfica en Cangas ten a ver coa morte da paciente, que ocorre coa muller en Povisa e se este deceso foi inevitable.

Relacionados