Movilización obreira en Vigo

 

Nutrida a participación de traballadores/as da nosa comarca, así como a de militantes de EU, cos nosos concelleiros en Vilagarcía á cabeza. Imos a seguir reforzando a loita obreira, a loita sindical, non só para protestar, senón para levarlles o pulso aos banqueiros e grandes empresarios, e aos seus lacaios políticos (P”SO”E, PP…) O día 15 decembro os/as delegados/as sindicáis da Provincia de CC.OO. e UGT se concentraron na rúa García Barbón para cortar o tráfico e formar piquetes diante das oficiñas principáis de Caixanova, Banco Pastor, BBVA, SANTANDER.  As pancartas sindicáis denunciaban que os ba ncos son os verdadeiros culpabéis da crise. As consignas denunciaban o papel do Goberno ao seu servicio (“Goberno, PSOE, goberno da CEOE; Goberno Zapatero Goberno dos banqueiros; non son socialistas, son capitalistas” ), esixían a nacionalización da banca e a adicación dos seus recursos económicos  á creación de emprego; o rexeito á reforma laboral e  ao  retraso na edade xubilación etc… Militantes xóvenes de CC.OO. empapelaron con cola e cartéis do sindicato as fachadas e as cristaleiras dos bancos e caixa. Na calzada fixeron unha gran pintada con rodillo denunciando á estafa social da banca e chamando á Folga Xeral.  Con xornadas de loita como estas avanza a unidade, a forz  e a claridade de ideas do movimento obreiro. E como con razón dí o compañeiro secretario xeral de CC.OO. na comarca viguesa: Vigo, á súa clase obreira, nunca falla cando hai que  pelear, cando hai que saír a rúa, cando hai que parar  o país. Nós engadimos que en Arousa tamén estivemos e estaremos a altura da resposta que temos que dar na grave situación de ataques que os traballdores e o pobo sufrimos.

 

Relacionados