No Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes consideremos que as sancións non deben constituír un motivo de orgullo económico, como así o fan os populares, dado que si se multa é porque non existen de políticas de sensibilización e de educación eficaces que posibiliten respectuosos hábitos viarios e urbanísticos. Sen embargo, confirmamos o que xa vai tempo viñamos denunciando: que o mesmo que pasa coas políticas do PP en xeral, pasa coas súas previsións de ingresos, que están a anos luz da realidade.
Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal recadará máis cartos á veciñanza para entregalos a unha empresa privada, unha nova actuación lesiva deste goberno impopular que erra de novo coa externalización da xestión de cobros de multas. A concellaría de Facenda equivócase ao pretender mellorar a devandita xestión mediante unha encomenda a EMVSA que diante da falta de medios técnicos e humanos terá que subcontratar e ceder os datos dos coruñeses e coruñesas a unha empresa privada. No hipotético caso de que a privatización encuberta do cobro de multas mellorase a xestión esta non revertería nas arcas municipais, xa que o 18,15% do importe neto recadado (15% e o 21% de IVE) irá directamente parar a EMVSA para que pague a empresa xestora, no caso de que o incremento sexa inferior ao 18,15% as arcas municipais recibirán menos ingresos que actualmente.
O voceiro de EU-V, César Santiso indicou que “propoñemos un sistema público de recadación en base á colaboración entre Deputación e Concello que permite un aforro anual de entre 145.000 e medio millón de euros, en función do éxito de recadación por parte desta concesionaria. As ordenanzas fiscais provinciais da Deputación establecen unha taxa de entre o 12,5 e o 5% do importe neto recadado, porcentaxe claramente inferior a opción de externalización asumida polo goberno local, cantidade que ademais está exenta de IVE ao ser a Deputación un ente público. Por outra banda o 70% de recadación que acredita a Deputación, avalan ao ente provincial coma bo xestor, unha porcentaxe que non acadará EMVSA vía privatización do servizo.