Mural de Lugris

Esquerda Unida insta á Xunta e goberno municipal a protexer o mural de Lugris que se atopa nun baixo en obras na rúa Olmos. Un dos poucos locais da zona de viños coruñesa que conserva murais do pintor Urbano Lugrís.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que os poderes públicos deben actuar de maneira proactiva na proteción do arte e a cultura, non podemos permitirnos a perda doutro mural do pintor coruñés.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”compartimos co colectivo “in nave civitas” a preoucpación porque durante a reforma do baixo se poida danar o mural do pintor coruñés Urbano Lugrís, ao igual que a súa esperanza de que esta reforma sirva para que podamos voltar a gozar da pintura de Lugrís.

 

Relacionados