Muro da vergoña

Esta plataforma está formada por mozos e mozas saharauis que se atopan acampados a poucos metros do denominado Muro da Vergoña, que separa os territorios ocupados por Marrocos no Sáhara Occidental dos territorios liberados.

O representante de Esquerda Unida recibido a tiros polo exercito marroquí no Muro da Vergoña xunto co resto de membros da expedición, aínda que a situación non pasou do susto. Os feitos transcorreron durante unha marcha cara ao muro que se detivo a poucos metros do mesmo, feito que provocou que o Exército Marroquí respondese efectuando varios disparos.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida na Coruña denuncia que a comitiva que participa en Tinduf no encontro coa mocidade saharaui observaron disparos dende o muro marroquí o pasado 31 de decembro, unha reacción totalmente desmesurada en comparación co carácter pacífico da protesta.

A delegación, formada por 13 mozos e mozas, 4 da Esquerda Plural (2 de Esquerda Unida, 1 de Iniciativa per Catalunya e 1 da Chunta Aragonesista), 4 de UPyD, 2 de PSOE, 1 de Equo, 1 de EH-Bildu e 1 de Compromis), permanecerá no continente africano até o 5 de xaneiro, logo de chegar o pasado 29 de decembro.

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “Miguel Picado, o responsable comarcal da área de mocidade, participa nesta xunta para amosar a solidariedade e compromiso coruñés coa causa saharaui e pular pola realización do referendo de autodeterminación prometido no ano 92 e denunciar o abandono e persecución que sofren os saharauis refuxiados no deserto de Arxel dende fai 37 anos, diante do silencio cómplice da comunidade internacional en xeral e de España en particular que permiten a vulneración da legalidade internacional e o dereito humanitario.

 

Relacionados