A ciencia contra a homofobia

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que este 28 de xuño, día do orgullo LGTB, non debería quedarse nunha mera declaración institucional de cara á galería, senón que corresponde pasar á acción. Non cabe dúbida que a realización de actos reivindicativos contribúen a visualización do colectivo LGTB, mais os poderes públicos non poden quedarse unicamente en xolda e festa, senón que deben activar os mecanismos necesarios para darlle unha maior perspectiva á loita contra a homofóbia por parte dalgúns sectores da cidadanía que ancorados no tempo manteñen posicións retrógradas e dogmáticas en relación a diversidade sexual.

 

Esquerda Unida propón que o Concello aborde a loita contra a homofobia dende os museos científicos. A OMS estableceu en 1990 que a homosexualidade non é unha enfermidade. Na propia natureza existen centos de especies animais que practican a homosexualidade. A ciencia antropolóxica establece diversas formas familiares válidas, non só o matrimonio heterosexual como pretende a igrexa católica. Diante destas certezas, semella necesario construír con argumentos científicos unha mensaxe clara e rotunda contra a homofobia, porque as meras campañas de visualización non son quen de rematar cos sentimentos homófobos que persisten nunha parte da sociedade.

 

Consideramos que neste sentido nada fixeron os museos científicos. De pouco serve unha fotografía diante da Domus coa bandeira do Orgullo LGTB si non hai nin tan sequera un compromiso da institución museística para traballar na erradicación da homofóbia.  Xa que logo, apostamos porque os museos científicos resolvan esta eiva e deseñen unha campaña que promova unha visualización natural das persoas LGTB dende unha perspectiva científica, programando por exemplo módulos ou exposicións. 

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “demandamos do goberno municipal moita máis implicación que a mera subvención con fondos públicos de festexos para agachar o que nega nas institucións. En clara alusión a que mentres rexeitaba no Pleno do Concello o debate da moción presentada por Esquerda Unida para que A Coruña avance en tolerancia coa diversidade sexual, organiza actos para conmemorar o día do orgullo LGTB, dedicase a organizar actos lúdicos festivos de estilo populista que en pouco benefician a loita e as reivindicacións dun colectivo que segue a padecer discriminación e incomprensión.

 

Relacionados