Esta inxusta práctica vese agravada polo feito de deixar sen frecuencias as radios libres o que ven a significar a progresiva perda de capacidade de ser recibidos por ondas.
Esquerda Unida denuncia que a Xunta do PP pretende rematar coas radios libres e comunitarias da Galiza, esquivando a legalidade vixente que as considera un dereito da cidadanía. Como establece o artigo 4 da Lei Xeral da Comunicación Audiovisual.
O coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía afirmou “con este concurso a Xunta está a imposibilitar de facto a radiodifusión libre e comunitaria, no que constitúe un novo recorte de dereitos á cidadanía, que neste caso afecta primordialmente a mocidade universitaria”.
No caso da Coruña, a radio universitaria Cuac FM ve perigar a súa recepción por ondas, pois sae a concurso unha emisora en Ferrol que emitirá no 103.2, mentres que a radio libre emite no 103.4.
O consello comarcal de EU Coruña esixe que se manteña libre de emisións as frecuencias próximas ao dial da radio comunitaria Cuac FM para evitar que interfiran e imposibiliten a súa recepción por ondas.
Esquerda Unida rexeita que se de prioridade aos intereses privados das multinacionais mediáticas a costa de reducir servizos a comunidade que teñen unha clara función social.