Na defensa do sector naval

Nunha cidade co 32% de persoas desempregadas, cunha taxa record no país de envellecemento, pobreza e emigración, o PP con ánimo desmobilizador, exhibe triunfalista un éxito de xestión que dende ESQUERDA UNIDA debemos desmontar con datos obxectivos:

1.- O flotel non creará emprego. Dará ocupación únicamente a 500 persoas, o 20% da plantilla principal.

2.- Non freará os despedimentos da industria auxiliar, que pronto superará os 4.000 despedidos.

3.- Non impedirá un cambio de modelo orientado á unha reestruturación en forma de desaparición da práctica totalidade da industria auxiliar, e a que quede, farano a través de emprego eventual e precario, equiparable ao modelo de contratacións das ETT´S .

ESQUERDA UNIDA debe continuar na batalla mobilizadora, non só acompañando ás organizacións sindicais, senón impulsando a unidade da loita, para revitalizar a atomización de conflitos que pretende a patronal.

Senón somos firmes fronte á desindustrialización , o modelo productivo de precarización e venda de sectores estratégicos consolidarase para convertir o emprego en escravitude.

Relacionados