Navantia: Iniciativa parlamentar

 

Semella razoable que diante dunha situación laboral e social explosiva, o Goberno de Rajoy saia da parálise interesada e nomee aos interlocutores públicos  para dirixir Navantia. De non facelo e co saco dos orzamentos baleiros, Rajoy pode tentar pasar a historia da infamia tentando estrangular económicamente a Navantia.

 

A que agardan ?, se pregunta Javier Galán; ¿ que necesitan máis para nomear aos responsables públicos de Navantia, logo de incumprir en dúas ocasións o compromiso de designalos e cando van preto dun milleiro de despediementos en Ferrolterra das auxiliares de Bazán? “, sinala o edil de EU.

 

 Esquerda Unida con esta iniciativa tenta axudar a clarexar os interlocutores inmediatos do grupo empresarial público que atravesa unha conxuntura decisiva. Os danos que xa se están a causar ás traballadoras e traballadores e ás súas familias cae no  ámbito das responsabilidades dun PP insensible ao drama social que se produce de cote.

Relacionados