Navantia

 

Convértese nunha visita baleira e obrigada diante das mobilizacións do sindicalismo de clase  para arrincarlle ao conselleiro de industria a entrevista pedida dende xuño.

 

 

Javier Galán insta á alcaldía do concello de Ferrol a soster unha actitude de firmeza  diante da Xunta de Galicia para facer efectivo  o compromiso de cofinanciamento do dique flotante. A alcaldía convértese en cómplice da farsa que produce reunións baleiras, sen compromisos e que consumen un tempo precioso para dotar o estaleiro público dun investimento fundamental para a súa continuidade. A alcaldía non pode calar neste tema fundamental para Ferrol por non incomodar a súa cor política en Compostela. O liderazgo esixe ser autónomo na defensa dos intereses xerais da cidade, coincidentes cos da plantilla de traballadoras e traballadores  de Navantia.

 

Esquerda Unida lembra os anuncios da Xunta de Galicia en relación coa presentación que ía ser no verán – e non foi – dun plan para dinamizar os terreos de Navantia en Imenosa. Preguntámonos que foi del. Queremos coñecer ese pretendido plan e aproveitamos para reiterar que as competencias non son de quita e pon. Non vale non ter competencias para non axudar no financiamento do dique flotante e logo anunciar plans e gastos na outra beira do asteleiro. Ferrolterra precisa da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado para conquerir este investimento e para buscar carga de traballo.

 

Queremos lembrar que dende o día 22 de xuño tiña o conselleiro de industria na súa mesa unha petición para reunirse co comité de empresa de Navantia. Deixou pasar o tempo sen facer nada. Seica cando hoxe se convocara en Compostela unha mobilización para facer efectiva esa xuntanza, cáese por Ferrol sen nada nas mans e para evitar o bochorno de que o vaian a buscar a Compostela as trablladoras e trablladores do asteleiro, e co alcalde da cidade exercendo de cómplice desa farsa.

 

O conselleiro  afirmou posuír dous informes en relación co custo do dique e da súa rendabilidade en termos empresariais, que non entregou aos Grupos Municipais, mais afirmou a  rendabilidade  do dique.  Alén das verbas non houbo compromiso algún da consellaría no sentido de procurar unha vía autonómica de confinanciamento da infraestrutura productiva. EU demanda un compromiso inversor da Xunta diante deses informes, que queremos coñecer de xeito pormenorizado.

 

Esquerda Unida considera un escándalo que PP e PSOE, parapetados nos seus gobernos respeitivos en Compostela e Madrid, xoguen ao gato e o rato co pan e o traballo de preto de 20.000 persoas nesta comarca, polo impacto en termos de emprego directo e indirecto e actividade económica inducida que xera a empresa pública.

 

Relacionados