As comisións que se van crear son apenas un novo truco para gañar tempo, profundar na crise do sector naval público, acentuar o regueiro dos despedimentos e afundir a nosa comarca.
Temos que denunciar e lamentar o papel xogado pola alcaldía de Ferrol, que asume un protagonismo activo ao avalar o que semella un novo remake para estrangular e esmigallar o sector naval público de Ferrolterra e estrangular de paso a vida económica de Ferrol. A situación actual ten un único director protagonista: o Partido Popular.
Esquerda Unida considera que a baldía visita dos responsables industriais convértese nunha verdadeira declaración de gurra contra a a nosa cidadanía, que se enfronta a un futuro dunha dureza inimaxinable, logo de que o Ministerio rexeite comprometer para este exercicio o dique flotante e nova carga de traballo.
Maís paro, contración económica, baixada do consumo e crise do comercio da cidade: os resultados finais da visita son estes e hai que cargalos no debe do PP, porque de Rajoy a Rey Varela, todos se negan a asumir o compromiso do dique e da nova carga de traballo, malia o milleiro de despedimentos que xa aconteceron e a explosión que se vai producir en agosto en termos de paro.
Temos que consignar que hoxe foi unha oportunidade perdida para amosar nas rúas e prazas da cidade o inmenso enfado e o reclamo unánime da cidadanía e das traballadoras e traballadores do naval para conquerir un dique e nova carga de traballo para unha industria capital para Ferrol, cuxo prograsivo desmantelamento produciría consecuencias negativas dunha magnitude que compromete o futuro de Ferrol a medio prazo.
Estamos certos, nembragantes, que aínda son tempos para reaccionar como pobo e enfrontar nas rúas e n conflito social a negativa teimuda do PP a atender un reclamo xusto, necesario e unánime. Nesa loita, EU comprométese a estar do lado das traballadoras e traballadores, da cidadanía de Ferrol. Hoxe, no debate parlamentar das emendas de EU no Congreso así o imos facer notar coa forza dos argumentos aínda que fronte teñamos a sin razón dos intereses obedientes, teñamos ao PP.