Negociación convenio Emafesa

 

Non se entende que a mala xestión da parte privada da empresa se queira sufragar nas costas da plantilla, producindo a baixa duns salarios de seu baixos abondo. A pretensión empresarial de baixar os salarios por debaixo do nivel de 2008 semella inxusta e inaceptable tendo en conta tanto o pequeno peso da masa salarial.

 

Esquerda Unida manifesta o seu rexeitamento a semellante enroque patronal e  fai un chamado aos Grupos Municipais para que se posicionen diante desta problemática.

 

Son razoables e moderadas as demandas sindicais cara a conquerir un novo convenio colectivo e o Grupo Municipal de Esquerda Unida as vai defender sen ambaxes, a partires da análise da non responsabilidade en absoluto da plantilla na actual situación da empresa.

 

Esquerda Unida  salienta, por último, a nosa decisión de producir un cambio na actual situación da empresa: cando hai beneficios os leva a parte privada da mesma e cando hai perdas nolas queren facer pagar á cidadanía, vía suba das tarifas do auga ou mediante a entrega de cartos municipais. Esquerda Unida defende a remunicipalización do servizo cara a mellorar o servizo, propiciar e garantir a participación cidadá na toma das decisións estratéxicas e producir melloras nas condicións laborais da plantilla.

Relacionados