Negociación Ordenanza rehabilitación

 

Logo da aprobación inicial da ordenanza polo pleno do Concello da Coruña, co voto contrario do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes porque non contemplaba a existencia de Internet, nin a organización de un Plan de Inspeccións contra o fraude. Motivo polo cal  rexistramos un conxunto de suxestións para mellorala, e na Comisión de Medio Ambiente, Territorio e Mobilidade celebrada o día sete de novembro presentamos un voto particular coas propostas de modificación que consideramos irrenunciábeis.

 

Esquerda Unida logra unha ordenanza máis efectiva que contribuía a mellorar a calidade de vida das familias traballadoras e dos máis desfavorecidos.

 

No documento achegado a Comisión de Medio Ambiente, Territorio e Mobilidade, o Goberno municipal aceptou dúas alegacións de Esquerda Unida – Os Verdes: Unha tiña como fin facilitar o trámite de denuncia de edificios en mal estado por parte de calquera veciño ou dun inquilino alugado nunha vivenda en malas condicións xa que os denunciantes non terán que averiguar cal é o titular dun inmoble para poder denunciar o seu mal estado de conservación ou o perigo que supoña para os demais veciños ou viandantes.  A outra consistía na modificación dos artigos 90, 102 e 103, para impedir que o incremento da cantidade subvencionada nunca supere en máis dun 10% a cantidade concedida inicialmente para reducir á posibilidade de que se comentan irrregularidades cos cartos de todos e todas.

 

O goberno municipal incorpora á ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles as suxestións de control do fraude e transparencia feitas polo grupo municipal de esquerda unida – os verdes.

 

Efectivamente, logo da dita Comisión, Esquerda Unida – Os Verdes presentou un voto particular e inició un proceso de diálogo co Goberno municipal para negociar a súa inclusión no texto definitivo. Logo de distintas xuntanzas acadouse un acordo para incorporar dúas disposicións adicionais.

 

Unha delas obriga o Alcalde a aprobar un Plan de Inspección de subvenciones ao obxecto de asegurar que as vivendas que reciben unha subvención son destinadas a vivenda habitual dos propietarios, a aluguer con prezos axeitados e non son vendidas durante o tempo que marca a ordenanza.

 

A outra tamén obriga a o Concello a por a disposición dos cidadáns a través da páxina web, a información referente a subvencións concedidas, subvencións en lista de espera e o rexistro solares e edificios inspeccionados.

 

Tamén conseguiuse impedir que os membros con menor renda da mesma familia pidan subvencións para vivendas propiedade dos rendistas, medidas que tamén cerran portas o fraude, evitando así situacións beneficioas para os rentistas, para que o acceso as subvencións sexan para quen máis onecesita

 

O voceiro de EU-V, César Santiso indicou “esta é unha mostra de que a pesares de atoparnos nas antípodas ideolóxicas co Goberno municipal, con dialogo pódesnse acadar acordos que beneficien ao conxunto da cidadanía coruñesa”.

 

“Esta é unha nova demostración de que outra política é posíbel, a política da concordia, o respeto e a lealdade institucional. Os cargos públicos debemos esforzanos para chegar a acordos que beneficien a cidadanía aínda que para elo teñamos que pasar horas de diálogo e negociación. Porque estamos para resolver os problemas da veciñanza non para crearselos” declarou César Santiso.

Relacionados