Negreira cos banqueiros

Esquerda unida lamenta que Negreira se poña do lado dos banqueiros en lugar de defender aos coruñeses. O Partido Popular coruñés negouse a debater no pleno do luns, a moción para tratar de frear estratexias empresariais perniciosas desenvolvidas pola maioría des entidades bancarias do país, coa conivencia do Banco de España e do Consello Nacional del Mercado de Valores. As abusivas cláusulas solo hipotecarias, anuladas por sentencias de varios tribunais, así coma do Tribunal Supremo, e do Tribunal Superior da Unión Europea, resultan un abuso pola súa falla de transparencia e un instrumento de usura dentro das condicións draconianas de quen presta fronte á cidadanía  que recibiu sen ter moito coñecemento deste tipo de condicións.

Rexeitando esta moción, o goberno municipal, non só esquece aos fallos e sentencias do Tribunal Supremo, do Tribunal Superior da Unión Europea, senón que da as costas aos intereses da meirande parte da cidadanía coruñesa.  Nesta ocasión non se trata tanto so de impedir a aplicación dunhas condicións usureiras anuladas por Tribunais de xustiza que afecta a un conxunto de persoas con contratos hipotecarios, senón que esta negativa vai máis aló, e reflicte cal é o interese xeral deste concello coruñés, que goberna para uns poucos, os que máis teñen, e se esquece da maioría, para a que tan só ten reservada caridade.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia a incoherencia do PP que na Coruña rexeita a nosa moción para que os bancos retiren as cláusulas solo das hipotecas, a mesma que apoiou en Cambre. Efectivamente, unha moción semellante presentada polo grupo municipal de EU en Cambre, non só foi apoiada polo PP, senón que presentou achegas para mellorala, achegas que incorporamos na moción da Coruña. É dicir que o PP de Coruña rexeitou o feito polo PP de Cambre, e iso que o Sr. Negreira é o presidente provincial…

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a diferenza do goberno municipal, nos apostamos por achegar solucións as necesidades da cidadanía, as cláusulas solo son un abuso e a súa retirada incluso evitaría desafiuzamentos, pois supón un aforro de entre 50 e 400 €”.  A administración do PP segue a estar detrás do que lle demanda á cidadanía, dende que chegou o Partido Popular a este goberno municipal só está a exercer un papel de mero figurante”.

Relacionados