Negreira e as irregularidades na concesión do porto de Sada

 

Con todo, pasado máis de un ano, Portos de Galicia obviou a devandita sentencia. Por aquel entón Carlos Negreira era o seu presidente. Así, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 15 de xullo de 2004 un concurso para a construcción e explotación dunha zona do porto de Sada de máis de 2000 m2 de varadoiro.

 

O consello comarcal de EU Coruña considera que desenvolver actuacións incumprindo sentenzas do TSXG desacreditan a Carlos negreira como candidato á alcaldía da Coruña.

 

Curiosamente a dita zona do porto de Sada cedeuna OYS Noroeste SL, a empresa que se quedou coa xestión do porto de forma irregular en 1997. Asemade,  o concurso público para a súa explotación quedou deserto e Portos de Galicia entregou a xestión directamente ao Club Náutico de Sada, en procedemento pechado sen publicidade un mes antes das eleccións ao Parlamento de Galicia, así o 2 de maio de 2005 Carlos Negreira asinaba a devandita adxudicación ao Club Náutico de Sada que xa se presentara ao concurso público, máis non reunira os requisitos adecuados.

 

Xa que logo, Esquerda Unida denuncia presuntas irregularidades na actuación desenvolvida polo líder do PP na Coruña cando era presidente de Portos de Galicia.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “con este tipo de actuacións, non é de estrañar que a cidadanía sitúe como terceira causa de preocupación á clase política, logo do desemprego e a crise económica”. A cidadanía merecese outra clase política, non semella ético que o voceiro municipal do PP actúe como paladín da legalidade nas cuestións urbanísticas do concello, cando en Portos de Galicia utilizaba a mesma praxes que o Goberno coruñés.

 

Por este motivo César Santiso reclama unha rexeneración política na cidade, na que outras forzas políticas, como a esquerda alternativa, poidan achegarse a María Pita para desenvolver outras políticas. Políticas centradas na cidadanía e non no capital, que teñan a suficiente altura de miras para ver máis aló das seguintes eleccións e poñan o acento nas verdadeiras necesidades, como resolver o grave deterioro social e medioambiental no que nos atopamos ou preparar á cidadanía para o eminente cénit do petróleo e a crise enerxética en cernes.

Relacionados