Nin fragata F-100 nin F-110

para construír a sexta fragata F-100, nin as solicitudes da Armada, en decembro de 2012, para a dotación de cinco fragatas F-110.

Para Jorge Suárez, coordinador da área de traballo de EU, non sorprende este abandono ao que se somete ao Naval público, cando un axuste planea sobre os estaleiros da comarca, e, neste caso, non cabe buscar responsabilidades na Sepi ou en Navantia, a responsabilidade única e última é do goberno, que ten a potestade discrecional de asinar eses contratos, polo que o alcalde de Ferrol non se pode parapetar tras unha mala xestión dun consello de administración, senón que debe esixir explicacións e responsabilidades aos seus colegas de partido en Madrid.

Esquerda Unida presentou enmendas aos orzamentos xerais do Estado solicitando que se dote unha partida para o estudo da fragata F-110, non contemplada e demanda do alcalde de Ferrol que asuma o papel que lle corresponde, a defensa da cidadanía de Ferrol por encima de siglas ou xestos formais, e esixa ao goberno da nación unha aposta decidida polo sector naval público da comarca.

Por outra banda, a un mes vista, Javier Galán denuncia que os grupos da oposición e os colectivos sociais e veciñais seguemos sen ter a nosa disposición un convenio que cambiará a fisionomía da cidade, un convenio que pode considerarse un acordo de partido, entre o PP local e o estatal, coas contías, usos dos espazos e concreción dos terreos predeterminados e prefixados por Génova 13 e  Rubalcava 19, cun desprezo absoluto aos partidos políticos da oposición, aos colectivos sociais e veciñais e a toda a veciñanza de Ferrol, á que se lle presentará xa cociñado e invariable. Javier Galán lamenta que os plenos sexan convertidos polo PP nun escenario teatral onde se da visos de formalidade a cuestións de fondo que veñen xa articuladas dende o rodillo unilateral da maioría absoluta e tecnócrata da dereita municipal.

Relacionados