Non á guerra. Por una solución diplomática en Ucraína

Esquerda Unida condena o ataque lanzado polo Goberno de Rusia contra Ucraína, que sucede tras a escalada de tensións entre a OTAN e Rusia das últimas semanas e o recoñecemento unilateral da independencia de Donetsk e Lugansk. Rexeitamos o uso da forza militar rusa contra un estado soberano, do mesmo xeito que previamente rexeitamos o despregamento de forzas da OTAN nos países fronteirizos con Rusia.

Facemos por tanto un chamamento aos diferentes actores a abandonar a vía militar e defender o dereito internacional e a diplomacia como a única vía para a resolución de conflitos, e un chamamento ao Goberno de España a non contribuír directa nin indirectamente a alimentar este conflito.

Consideramos que é imprescindible un retorno aos Acordos de Minsk, asinados por Ucraína, Rusia, e representantes de Donetsk e Lugansk en 2014 para poñer fin ao conflito e lograr unha desescalada. Unha nova guerra no continente europeo demóstranos que a OTAN é un factor de desestabilización, e por iso é máis urxente que nunca a súa disolución e unha aposta por unha política de seguridade propia e autónoma, que realmente teña en conta os intereses geoestratéxicos propios de Europa.

Sería un erro entrar nunha nova espiral de sancións e medidas coercitivas unilaterais como a vivida fai sete anos entre a Unión Europea e Rusia, que tivo un forte impacto económico para ambas as partes. Preocúpannos tamén as consecuencias en materia enerxetica para a Unión Europea ante a falta dunha política que aposte pola soberanía enerxética e a firma de acordos con Estados Unidos para vender o seu gas en Europa a pesar de que é máis custoso e ten un maior impacto climático.

A solución a este conflito pasa necesariamente por unha Ucraína neutral nunha rexión desmilitarizada, solucionando os diferentes conflitos existentes mediante o diálogo. Por iso, dende Esquerda Unida facemos un chamamento á mobilización pola paz, e que fronte aos ataques militares e as medidas unilaterais, mantéñanse abertas todas as canles diplomáticas para lograr unha solución pacífica.

Relacionados