eu.gif - 5.78 Kb

Non á guerra

 

A nosa organización quere expresar o seu respaldo a unha saída negociada e de paz entre as partes en conflito. Nen a ditadura dde Gadafi nen a tutela neocolonial  que propón a OTAN. Hai disxuntivas estériles e esta é unha delas.

 

A  paz e a  xustiza social para o pobo libio virán  da man da liberdade, da capacidade deste pobo para decidir libremente o seu porvir. A nosa organización sabe que tal escenario require a superación da escalada militar que a intervención da OTAN está a disparar. Nese sentido Esquerda Unida vai contribuir a mobilizar a cidadanía para aglutinar o descontento e oposición a esta escalada militar da que o Goberno Central é corresponsable. Sumar consciencias críticas para que se deteña a masacre en Libia.

 

Denunciamos a hipocrisía do PP e do PSOE, que un día asinan contratos co goberno libio de Gadafi ou lle entregan as chaves da cidade de Madrid e outro rematan por bombardear a poboación civil. Facemos noso a imprecación  de Julio Anguita: “MALDITAS  AS GUERRAS E MALDITOS OS CANALLAS QUE AS APOIAN “.

Relacionados