Esquerda unida

Non a paralización da residencia universitaria pública

 

Así pois, a creación dunha residencia universitaria pública semella necesaria e urxente, con todo, o Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a paralización por parte da Xunta de Galicia do contrato para a construcción da residencia universitaria pública, algo que Esquerda Unida rexeita con rotundidade.

 

O novo alcalde ten declarado que daría unha puñada enriba da mesa cando foxe necesario, incluso no seu discurso de investidura comprometeuse coa Universidade e a mocidade coruñesa, con todo, agora da por boa a paralización expoñendo que a Xunta porá sobre a mesa unha alternativa, e dicir que defende a actuación dos seus compañeiros de partido na Xunta sen coñecer se realmente o ente autonómico pretende desenvolver algunha acción paliativa.

   

Xa que logo, o consello comarcal de EU Coruña esixe ao novo equipo de goberno que defenda os intereses da cidade en xeral e do colectivo de estudantes universitarios en particular.

 

O concelleiro de EU-V, César Santiso, demandou unidade de acción a todos os grupos municipais para defender os intereses da nosa cidade e que ninguén se pregue aos intereses partidistas como semella que está a facer o novo goberno municipal do PP. “Si os integrantes do pleno rexeitamos unanimemente a devandita paralización, de seguro que somos quen de reverter a situación e conseguir que se construía a residencia pública universitaria demandada constantemente por estudantes e universidade”.