eu.gif - 5.78 Kb

Non ao novo mapa xudicial galego

A proposta semella desconsiderar as verdadeiras necesidades da administración de xustiza en Galicia e pola contra somentes supón recortar medios, emprego e en alonxar este servizo público da nosa cidadanía.

No noso país como en ningunha outra parte do Estado, a proposta constitúe un claro retroceso, por canto a centralización dos órganos xudiciais somentes vai ir en contra dos intereses da cidadanía, que perderá máis tempo e diñeiro para achegarse a un servizo público situado máis lonxe e con menos medios materiais e humanos. Non hai máis que botar unha ollada a nosa realidade municipal e a dispersión xeográfica que a propicia. Esta contrarreforma é a outra pata dunha concepción da xustiza que se alonxa das necesidades do pobo, por canto se suma aos criterios de incrementar as taxas xudiciais, externalizar servizos e mercantilizalos servizos públicos. En resumo facer máis onerosa e difícil o acceso os órganos de xustiza para a nosa cidadanía.

 

 

Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU, advirte das graves consecuencias para a cidadanía: “O proxecto alonxa a administración de xustiza das persoas, vai destruír emprego mediante traslados forzosos e amortizacións de postos de traballo e quebrantará a vida económica que os partidos xudiciais producen en vilas e localidades do país.”

 

 

Esquerda Unida considera este proxecto dañino e unha oportunidade perdida e insta a unha RECTIFICACIÓN. Esquerda Unida reclama unha reforma marcada polas seguintes características: un plan de dotación de medios tecnolóxicos que axilice e facilite a prestación dun servizo público esencial nunha democracia; a creación dos xulgados pendentes para facilitar a atención dos moitos asuntos que restan pendentes e que lastran o exercicio efectivo da tutela xudicial; e o desenvolvemento da implantación da nova oficina xudicial, soporte e apoio indispensables para xuíces e tribunais. Nova Oficina Xudicial que ten como unha das súas características a cercanía á cidadanía.

 

Relacionados