Úrxelles cargarse os padroados e o IMFACOFE, e queremos saber as razóns de semellante urxencia, porque o razoable e tentar chegar a acordos coa plantilla, que non lesionen os dereitos laborais e a prestación dos servizos públicos.
No marco desta imposición do PP, Esquerda Unida volveu a reclamar na comisión de economía de hoxe as contas por escrito que amosen de onde van saír os pretendidos aforrros de 600.000 euros en cotas á Seguridade Social, porque tememos que tras esta pretensión de recorte se agoche a determinación do PP de destruír emprego público, ou o que é o mesmo, degradar as condicións nas que se prestan os servizos municipais.
Javier Galán amosou na comisión de hoxe a esixencia de EU para que o Goberno volva a sentarse na mesa de negociacións cos representantes das traballadoras e traballadores do concello, que manteñen unha oposición case unánime ás medidas do Goberno Municipal.
Negociar e chegar a acordos, tal ten que ser a obsesión do PP, non impor a sangue e fogo o seu catálogo de agresións laborais e sociais. No capítulo das malas maneiras, o edil de EU denunciou a práctica gubernamental do pasado xoves e preguntou na Comisión de hoxe se diante das protestas na praza de Armas a práctica cotián do Goberno vai ser proceder como o xoves, coa ocupación do concello pola policía e pechando un concello que ten que ser a casa do pobo por excelencia.
O concelleiro de Eu insiste na importancia estrutural de realizar a RPT (Relación de Postos de Traballo) como ferramenta previa a calquera medida de reorganización do concello. Sen esa medida todo o demáis semella ou precipitado ou premeditado para ferir dereitos e servizos. Hoxe cómpre rectificar e retomar as negociacións.