Non ao préstamo de pago

O deputado de AGE, Ramón Vázquez, destaca a labor fundamental que exercen as bibliotecas, museos, arquivos, hemerotecas, fonotecas ou filmotecas públicas, no desenvolvemento cultural dunha sociedade democrática, facilitando o acceso a un amplo abano de ideas, opinións e saberes científicos. Contribúen ademais a facer realidade o dereito á cultura,e facilitan o progreso social e permiten a promoción da investigación e achegan o cerne das creacións intelectuais.

Relacionados