Non hai lancha nin bando

 

En ámbalas dúas o Concello Pleno aprobou sumarse ás convocatorias de manifestacións, pero o tratamento do goberno municipal é radicalmente diferente mentras que para a convocada por Rumbo 21 o grupo de goberno puxo a disposición dos/as veciños/as de Mugardos transporte marítimo para facilitar a asistencia á citada convocatoria, no caso da defensa da sanidade pública NON.

Mentras o Alcalde editaba un bando chamando á participación na convocatoria de Rumbo 21, no caso da defensa da sanidade pública NON.

O grupo de goberno, debería explicar a que se debe este tratamento diferenciado cando o apoio plenario se deu nas dúas convocatorias.

Dende o grupo municipal de EU-IU, rexeitamos  que se utilice á institución para campañas monopolizadas polo BNG e que responden a intereses partidistas, e non como rezaba o bando do Alcalde “Pola defensa do emprego para a mocidade”, ou é que a mocidade pode traballar si non ten un bo estado de saúde.

A sanidade pública tamén crea emprego para a nosa mocidade, a sanidade pública é un dos pilares máis importantes do noso raquítico estado de benestar, a sanidade pública compete a todos/as, polo tanto menos demagoxía no grupo de goberno criticando a quenes non apoiamos a convocatoria de Rumbo 21 e máis concello en defensa dos dereitos de todas e todos.

Relacionados