Non olvidamos. #Angrois.

Esquerda Unida, representada pola súa coordinadora nacional, Yolanda Díaz e os deputados de AGE e membros da dirección nacional Xabier Ron, Eva Solla e Juan Manuel Fajardo, estiveron esta mañá no Obradoiro na Concentración das Vítimas do Tren de Alvia, organizada pola Plataforma de Vítimas do Tren Alvia de Santiago de Compostela.

Dende Esquerda Unida lembramos que a dous anos da traxedia ferroviaria de Angrois, o goberno do Partido Popular segue a desinformar sobre o acontecido e négase a investigar as responsabilidades políticas no accidente, o que Yolanda Díaz califica de “gravísimo”. Tal e como explica Díaz, “por esta razón, no Pleno Extraordinario do Parlamento galego desta semana, dende o grupo parlamentario Alternativa Galega de Esquerda (AGE) solicitamos a convocatoria urxente da Deputación Permanente para que se proceda a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois”.

“A estas alturas queremos saber o que realmente pasou, e sobre todo queremos que se poñan os medios necesarios para darlle unha explicación ás vítimas e ás súas familias que son as protagonistas do día de hoxe e que, desgraciadamente, seguen a sufrir as consecuencias desta catástrofe”, expresa.

 

Relacionados