Normalización lingúística

Semella urxente máxime cando o ano pasado nunha decisión inédita  pola súa gravidade a Xunta de Galicia cargouse estas axudas.

A nosa cidade necesita que o concello  sexa un pulmón dinamizador que alimente a asunción social do valor do galego e da importancia de estender a súa influencia e uso en todos os eidos da nosa vida social. A nosa organización reclama un papel protagonista para o Consello Municipal da Lingua na produción das accións encamiñadas a estender o uso e coñecemento do galego nos eidos deportivo, da mocidade, nas TIC, no sector da economía real e dos servizos sociais, isto é, unha acción integral a prol dun ben intanxible clave para o noso país.

Por outra banda, Esquerda Unida quere denunciar tanto a contía reducida que contempla esta Orde de 16 de decembro, publicada no DOGA de hoxe, canto a moi perigoso condicionante sobre posibles modificacións orzamentarias.

A Xunta marca unha contía inicial máxima de 520.000 euros, cando o ano pasado quedou reducida a cero euros e en 2010, importaba 602.668 euros ( 800.000 euros orzamentáranse en 2008 ). Suporían  apenas 1.650 euros por concello, algo apenas simbólico, e que traduce a violencia contra a nosa lingua que acubilla ao PP, organización política responsable do peche, valga o exemplo, de 15 servizos  de normalización lingüística no noso país ao rematar 2011 ( Aranga, Arzúa, barreiros, Cabana de Bergantiños, Cariño, Cerceda, Malpica, mesía, Monfero, Santiso, Vilasantar e Zas ), nunha acción coordinada entre a Xunta de Galicia e a Deputación, co seu severo recorte anunciado nas axudas, reducidas nun 75%.

Queremos por último sinalar a nosa crítica a un dos criterios para baremar as axudas, criterio que se reproduce en toda a convocatoria primando aos concellos que se teñen adherido a esa rede fantasmagórica impulsada pola Xunta, a Rede de Dinamización Lingüística.

Esquerda Unida reclama, xa que logo, a convocatoria do Consello Municipal da Lingua para abordar unha acción decidida a prol da normalización lingüística en Ferrol  e ao abeiro da definición das accións normalizadoras a presentar na convocatoria que fai a Xunta.

Relacionados