Nostián estafa social

Esquerda Unida oponse frontalmente a calquera posibilidade de prorrogar a concesión de Nostián. Os xestores da empresa demostráronse incapaces durante os pasados 17 anos de acadar un mínimo aceptable de reciclaxe, non hai xustificación lóxica posible para prorrogar esta concesión. O goberno local debe saber que estará cometendo alta traizón aos intereses da cidade, se decide ampliar a relación contractual con Albada até o 2034. Solo existiría unha razón para que o PP ampliase esta estafa social, a de outorgar trato de favor a Albada, UTE da que participa Urbaser empresa do grupo ACS implicada na presunta trama de financiamento ilegal do PP galego. Doutra forma non se explica que o PP gardase nun caixón durante dous anos as auditorías que demostran o incumprimento de contrato da empresa. Segundo a declaración do extesoureiro do PP, Luis Bárcenas, efectuada o do 15 de xullo diante do xuíz Ruz, o PP a través do seu entonces xerente, Bárcenas, ocultou supostamente no 2006 como anónimos unha serie de donativos efectuados por tres das principais construtoras españolas entre as que se atopaba ACS, que pola súa natureza de contratistas coa administración tiñan prohibido achegar cartos ás formacións políticas. Barcenas entregou ao xuíz nove carpetas, na de cor amarelo aparecía un manuscrito do propio extesoureiro que baixo o epígrafe “Galicia” aparecían as seguintes anotacións: “ACS: se comprom. a 1 M€, ha dado 30.000 €”, na seguinte liña aparecía a seguinte anotación “Las empresas siguen ayudando”. Estas anotacións, coinciden coa presunta contabilidade do PP galego, un documento supostamente entregado pola xerencia do PP galego a xerencia de Madrid cos ingresos do 2006 onde aparece a anotación ACS 60.100 € e presenta un desfase contable de preto de 1,7 millóns de euros en relación co balanzo oficial, precisamente o relativo a doazóns irregulares

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe que o goberno local debata as conclusións das auditorías co Comité de Empresa, pois os traballadores son os que máis coñecen a verdade sobre a planta de tratamento de refugallos, pois son os que veñen denunciando sistematicamente esta estafa social, uns dos motivos polos que mantiveron o pasado ano unha folga que durou 108 días.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella que o Sr. Negreira antepón os intereses da empresa concesionaria aos intereses dos coruñeses e coruñesas, por iso agochan as auditorías e negocian pagos de millóns de euros entre bastidores”.

Relacionados