eu.gif - 5.78 Kb

Nova páxina web do Concello de Mugardos

 

1.-Que o buzón de suxerencias e de contacto, así como o Formulario de avisos e comunicación sexa de acceso público ó igual que as respostas dadas as/os veciños/as. Esta proposta xa funciona noutras webs de concellos.

2.- Que ó igual que aparecen publicadas as actas das xuntas de goberno e dos plenos sexan publicadas as actas das comisións informativas. Esta proposta aumentaría o grao de coñecemento que a cidadanía ten da vida municipal, así como a súa capacidade de participación nos asuntos municipais cun maior coñecemento da realidade. Moitas das iniciativas adoptadas polo Concello non se ven reflexadas nas actas da Xunta de Goberno e nas actas plenarias.

3.- Que se corrixa a información sobre os grupos municipais, poñendo en pe de igual a tódolos grupos municipais.

De igual forma, denunciamos a mal intencionada confusión que o gobernomunicipal quere trasladar á cidadanía vinculando concello con grupo de goberno do BNG. Así nos encontramos con que en novas 28/12/10: Benvida, o Alcalde faí o seu balance persoal dos cumplimentos do programa municipal do BNG enumerando unha serie de acontecimentos.

Este balance como é obvio contrasta co balance que poidera facer outro grupo municipal e o que él considera cumplimentos outros poderíamos consideralo incumplimento.

Polo tanto, demandamos do BNG que deixe de utilizar a páxina web do Concello de Mugardos para facer campaña electoral, para eso cada organización política ou grupo municipal conta cos seus instrumentos.

O GM de EU dialogará co resto dos grupos municipais porque si non se suprime esta propaganda do BNG da páxina web do Concello se tomen novas iniciativas.

Relacionados