A vista destes feitos o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes reuniuse de novo cos representantes dos cooperativistas para reitéralles o seu apoio e coordinar as futuras accións a desenvolver a respecto a este tema.
Esquerda Unida constata un comportamento contraditorio por parte do Concello na xestión da urbanización do Ofimático, xa que a lei indica que as obras se adxudican para empezar a executalas no prazo aproximado dun mes, non para suspendelas durante seis meses.
César Santiso, voceiro de EU-V, insta de novo ao Goberno municipal á inmediata reanudación das obras polo ben da familias cooperativistas e do resto da cidadanía da Coruña. Esquerda Unida non permanecera de brazos cruzados diante desta situación de inxustiza.