Novas eivas das concesionarias

 

Na súa intervención César Santiso explicou que con data un de febreiro de 2012 a nova empresa concesionaria do servizo de mantemento integral da fontes ornamentais, estanques e caídas de auga, UTE Angel Roade SL e Manuel Rivas Boquete SL, tiña que comezar a prestar o servizo adxudicado. Nesta data, dende a Secretaría Xeral de Actividades Diversas de CCOO Galicia, informásenos que os traballadores da antiga empresa, nin formalizaron o seu contrato de traballo coa nova empresa, nin tampouco recibiron ningún tipo de comunicación por parte desta para facelo.

 

Xa que logo, Esquerda Unida denuncia que a nova empresa concesionaria do servizo de mantemento de fontes municipais non fixo acto de presenza no seu primeiro día de contrata.

 

A devandita situación supón unha desconsideración cara os traballadores e traballadoras debido a incerteza que xera o descoñecemento da súa situación laboral, e un prexuízo para os cidadáns que non reciben o servizo durante os días que dure a tramitación dos contratos de traballo.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “logo de diversas xestións conseguimos que a empresa, a instancia do goberno municipal, convocase aos traballadores na tarde de onte, mais a xuntanza foi decepciónante pois segundo nos informan os compañeiros de CCOO a empresa pretende cercenar dereitos aos empregados cambiando as condicións de traballo, como por exemplo cambiar o seu horario de traballo, que dende anos e de xornada continua e agora a empresa de maneira unilateral pretende convertelo en xornada partida sen que asía apareza nin no convenio nin no contrato da concesión municipal.

 

Devido á proliferación deste tipo de conflictos o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera necesario un acordo plenario para regular e controlar os procesos de subrogación do persoal das empresas concesionarias de servizos municipais, por iso iniciará as negociacións oportunas para acadar un consenso de cara a presentar unha moción no Pleno de marzo.

Relacionados