Novas eivas servizo á dependenza

 

Así, ademais da falta de calidade do servizo, dos incumprimentos de horarios e os constantes cambios do persoal de axuda a domicilio Esquerda Unida denuncia que Valoriza non está a facer nin control nin seguimento dos servizos a dependenza que presta. As devanditas eivas están a demostrar que a concesionaria carece dunha estrutura organizativa acorde coas necesidades dun servizo tan delicado e importante como é a atención aos nosos dependentes.

 

Efectivamente moitos usuarios non so se queixan de que non se faga un seguimento do deterioro do dependente para adecuar servizo e persoal ao nivel de esixencia, senón que denuncian que nin tan sequera se está a cumprir o control bimensual necesario para garantir que o traballo do seu persoal cumpre cos requisitos da concesión municipal.

 

Esquerda Unida – Os Verdes bríndase a canalizar as queixas das familias traballadoras usuarias do servizo de dempendenza para desenvolver unha acción institucional tendente a solucionar os problemas denunciados, porque o Concello non pode permitir que se este a desenvolver un servizo deficitario que prexudique a cidadanía coruñesa. Debemos obrigar a concesionaria a que cumpra escrupulosamente coas cláusulas contratadas.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a veciñanza pode contar con nós na defensa dos seus dereitos porque resolver os problemas da maioría social é a nosa principal razón de ser”. Así, César Santiso asegurou que “si Valoriza non vela polo correcto cumprimento do servizo e obvia as queixas dos usuarios ata o punto de faltar a xuntanzas previamente concertadas coas familias, Esquerda Unida presionará ao Goberno municipal para que aplique as medidas necesarias para resolver o problema.”

 

Para Santiso esta nova eiva supón a demostración palpábel de que a externalización de servizos municipais non é rendíbel nin dende o punto de vista da economía do Concello, nin dende o punto de vista da calidade dos servizos a cidadanía desenvolvidos, pois as empresas privadas tan so buscan acadar o maior beneficio posíbel. “Valoriza, Céspa, Albada, Doal, Servisa ou Grupo Vendex son exemplos dalgunhas empresas concesionarias que o ben están a incumprir as condicións da concesión, ou ben teñen constantes conflitos laborais”.

Relacionados