Novo Consello Comarcal

Renovación e xuventude caracterizan  a nova dirección de Esquerda Unida, dirección cuxo primeiro responsable pasa a ser o profesor universitario Xosé maría Dobarro.

Xunto á Xosé María Dobarro conforman este novo Consello a compañeira Paula Meizoso, traballadora e activista no eido do feminismo e a loita pola igualdade e o traballador e membro do comité de empresa de Gamesa, Alejandro Bellón, xunto aos coordinadores locais de cada unha das localidades da comarca. 

 

Xosé María Dobarro afirmou na súa primeira intervención como primeiro responsable comarcal de Esquerda Unida a determinación de impulsar un traballo cóbado con cóbado coa sociedade civil crítica na procura de achegar unha converxencia social das esquerdas, como primeiro elemento para derrotar ás políticas de dereitas do PP.

 

O novo Coordinador indicou a vontade do Consello por profundar na extensión política e organizativa de Esquerda Unida naquelas vilas e localidades  da comarca onde aínda non hai estrutura orgánica da formación de esquerdas e ecoloxista.

 

Nos vindeiros días, este Consello repartirase as diferentes áreas de traballo e fará unha comparecencia pública en rolda de prensa para trasladarlle á sociedade ferrolterrán a vontade de compartir traballos e arelas, que supoñan melloras certas nas condicións de vida da nosa veciñanza.

 

Relacionados