César Santiso ratificado por aclamación coordinador comarcal de Esquerda Unida. O mesmo día da asemblea na que se elixiu novo órgano de dirección comarcal, este nomeou temporalmente a Santiso á espera da ratificación en xuntanza do Consello Comarcal. Con esta ratificación o coordinador comarcal, que tamén é o voceiro do grupo municipal de EU-V no Concello da Coruña, comeza o seu segundo mandato.
O Consello Político Comarcal elixe por unanimidade nova executiva que se marca os obxectivos de avanzar na construción dun bloque político e social alternativo, potenciar as areas de desenvolvemento colectivo abertas á cidadanía e a extensión organizativa nos concellos da comarca. Logo da ratificación de Santiso, o coordinador comarcal presentou a proposta para elixir os cargos de responsabilidade no CPC, que conxuga cadros políticos de máximo nivel como Alberto Vilariño ou Argimiro Doce, con novos cadros emerxentes como a moza Silvia Cameán, con cadros que veñen do mundo sindical como José Luís Burón (ex-secretario xeral do sindicato comarcal da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO), con cargos públicos de EU como Olga Santos (concelleira en Cambre), con cadros do mundo da cooperación solidaria como Laura Del Río (ex-responsable de finanzas da Coordinadora Galega de ONG) ou con recoñecidos activistas do tecido social coruñés como Iván Louzan (Stop Desafiuzamentos, Amnistía Internacional, 15M e outros movementos económicos, sociais e culturais). O reparto de responsabilidades quedou establecido da seguinte maneira:
Secretaría de Organización: Jose Luís Burón
Secretaría de Finanzas: Laura del Río
Coordinación de Areas: Argimiro Doce
Secretaría de Política Municipal: Olga Santos
Secretaría de Comunicación: Iván Louzán
Secretaría de Políticas Sociais: Silvia Cameán
Responsable de Área Interna: Alberto Vilariño
O coordinador comarcal de EU, César Santiso, salientou que “o espectacular incremento de apoios por parte da cidadanía, convértenos na segunda forza política na comarca e esíxenos un máximo esforzo para afrontar os retos derivados da responsabilidade de goberno que as enquisas amosan nalgúns concellos como a Coruña ou Cambre”.







