Cortes de auga fora de horario

 

Ao longo da mañán  foron varias as persoas que se puxeron en contacto co noso Grupo Municipal para denunciar a demora na restauración do servizo de auga en Canido e Catabois, sendo as catro da tarde e non tendo auga corrente, a pesares de que a planificación indicaba que se recuperaría hoxe ás 10 da mañán. Veciñas e vecinos que confesaban a súa impotencia porque tras chamar a EMAFESA esta non sabía indicarlles cando se recuperaría o subministro, e telefonando ao concello ningúen responsable se puña o teléfono.

 

Descontrol nos cortes e o Goberno Municipal comunicando, deixando facer na cidade cun servizo público esencial. Yolanda Díaz, Voceira do Grupo reclama do Goberno que deixe de preparar o nadal dos recortes e garanta o subministro en condicións axeitadas de auga a nosa cidadanía. Non podemos aturar cortes e horarios ao chou. O Goberno ten que reaccionar e organizar e garantir un calendario certo e fiable.

 

Esquerda Unida esixe en primeiro lugar a fin do descontrol nos cortes, que xa denunciamos ao longo desta semana. Hai que facer cumprir unha secuencia  e os horarios nos cortes. E prever con medios materiais e humanos suficientes as posibles continxencias. O demáis é inaceptable. Se está a prexudicar de xeito severo á hostalaría e pequeño comercio e a producir trastornos notables as familias, que necesitan deste ben de maneira primordial para a súa vida diaria.

 

Doutra banda, EU reitera a demanda de compensacións as familias e negocios afectados pola desbaraxuste dos cortes e a inoperancia do Goberno. Na vindeira Comisión emprazaremos ao concelleiro de economía a que a asuma para así defender os intereses da veciñanza.

 

O noso Grupo fai por último un chamamamento á cidadanía afectada para que denuncie por escrito e no concello estes prexuízos  e reclame compensacións.  A forza colectiva da veciñanza pode derrotar a prepotencia dos que xogan cun servizo fundamental e non dan explicación alguna.

Relacionados