Nulidade do expediente creto ICO

 

Creto respecto o cal a nosa organización xa afirmara e argumentara no Pleno de outubro a súa innecesariedade e a intención política do PP no senso de trasladar a cidadanía a impresión de falla de recursos, requisito para recortar o gasto público no avenir. En congruencia con esa posición política, Esquerda Unida presentou en tempo e forma un escrito de alegacións no Rexistro do concello que agora sabemos non se tramitaron nen resolveron.

 

Temos que denunciar que coa publicación no BOP da semana pasada do edito de aprobación definitiva se incorre no suposto de nulidade de pleno dereito, que prescribe o artigo 62 da Lei 30/1992, no seu apartado e, dado que se precindiu total e absolutamente do procedemento estabelecido, ao non tramitar e resolver as alegacións presentadas tanto polo PSOE canto polo noso Grupo Municipal.

 

Yolanda Díaz esixe que se retrotraian as actuacións ao momento anterior á vulneración da legalidade e que se tramiten e resolvan as alegacións presentadas. “Na legalidade non caben atallos”, sinala a Voceira de EU.

 

Doutra banda, o noso Grupo Municipal demanda que se depuren as responsabilidades políticas e legais derivadas de vulnerar o procedemento legalmente estabelecido, na certidume política e moral de que non vale todo para gañar.

Relacionados