Esquerda Unida manifesta o apoio ás Marchas da Dignidade do 22M pola dignidade e fai un chamamento á participación. Yolanda Díaz coordinadora nacional de EU xunto co responsable de organización, Rubén Pérez ofreceron hoxe unha rolda de prensa na sede nacional de EU en Compostela, na que manifestaron o apoio ás Marchas da dignidade e fixeron unha valoración da participación activa da militancia de Esquerda Unida en todo o proceso.
A protesta ante a situación de emerxencia social á que nos levaron as políticas neoliberais dirixidas dende a Troika e asumidas con orgullo pola dereita española máis rancia dos últimos anos, nos levará o 22 de marzo a Madrid.
O secretario de organización de EU, Rubén Pérez, calificou hoxe en rolda de prensa de “éxito de participación de galegos e galegas nunha das plataformas unitarias máis amplas que se teñen feito en anos neste país e na que a militancia de Esquerda Unida participou activamente” . O 22M será o punto de inicio dun traballo conxunto e coordinado de loita e reivindicación dos dereitos que nos están arrebatando baixo o dictado dunha estafa que lle chaman crise.
O éxito desta convocatoria na que participan nove columnas que parten de diferentes lugares do estado, vén dado pola implicación de colectivos e sectores sociais máis afectados pola crise capitalista así coma tamén a implicación de parte do sindicalismo de clase (CUT, Sindicato Ferroviario, CGT, STEG e Sindicato Labrego) que ven necesaria a rebelión cidadá organizada contra o capital.
“Baixo o lema de “Pan, traballo, teito e dignidade” milleiros de persoas ocuparán Madrid para demostrar que “sí se pode”, sí se pode crear traballo digno, sí se pode acceder a unha vivenda por dereito, sí se poden mudar as políticas de extinción á que nos someten, sí se poden presentar orzamentos que primen o social, só cómpre ter vontade de facelo” afirmou esta mañá na sede de EU en Compostela, a coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz.
Por todo isto, Esquerda Unida fai un chamamento a toda a cidadanía a que participe nesta contestación masiva e colectiva contra os recortes, o pago da deuda ilexítima, o desemprego e en definitiva os dereitos sociais. Pola nosa dignidade que non nos van a arrebatar, o vindeiro sábado 22 de marzo estaremos en Madrid.