O 29N eu vou

Esquerda Unida fai un chamamento á participación nas mobilizacións convocadas polas marchas da dignidade para este xoves 6 de novembro, antesala da manifestación nacional prevista para o 29N. Esquerda Unida manifesta o seu apoio e participación nas mobilizacións convocadas pola Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, para mañá 6 de novembro por todo o país.

Do mesmo xeito dende Esquerda Unida queremos facer un chamamento á participación da cidadanía nestas mobilizacións que baixo o lema “Pan, traballo e teito” recollen a vontade, participación e traballo de moitas persoas que tanto a nivel individual como colectivo, apostan pola unidade de acción como resposta a agresión das políticas miserables que este goberno está a aplicar sobre as persoas.

Esta mobilización é unha acción máis de dignidade e de lembrarlle aos poderosos que a loita continúa e nós con ela.

Relacionados