O 29N imos ocupar o Obradoiro

 

O paro segue a ser xunto coa corrupción, a principal preocupación da cidadanía. Neste país medra o número de persoas desempregadas ao mesmo ritmo que o lucro indecente das empresas do Ibex35. Este goberno é o garante da desigualdade e da pobreza.

A Marchas da Dignidade son unha reacción ante a evidencia do saqueo que a cidadanía está a padecer. A converxencia social é unha resposta de indignación ante un sistema corrupto que empeza a tremer. É a hora de sumar para multiplicar, precisamos da loita colectiva para acadar os dereitos sociais básicos como son PAN,TRABALLO e TEITO.

É a hora de combater a oligarquía política e económica, derrotar aos homes de negro e reivindicar os nosos dereitos acadados tras décadas de loita de compañeiras e compañeiros que non quixeron dar un paso atrás. “PAN, TRABALLO E TEITO” son dereitos mínimos para garantir a dignidade de todas as persoas.

Por todo isto, dende Esquerda Unida facemos un chamamento á mobilización convocada polas Marchas da Dignidade para que este sábado #29N ás 12:00 a dignidade “ocupe o Obradoiro”.

Relacionados