A militancia e simpatizantes de Esquerda Unida vén de participar na consulta aberta a nivel estatal sobre o preacordo de goberno entre Unidas Podemos e o PSOE.
A consulta realizada, tanto vía on-line como de xeito presencial, contou cunha participación do 32,1% das bases, das que o 86,8% apoiou positivamente este acordo de Goberno. O resultado é similar ao acadado a nivel estatal onde superou o 88%.
Tras o debate político realizado nas asembleas de base os días previos, o resultado desta consulta reforza e pon de manifesto a vontade da militancia e simpatizantes de Esquerda Unida de asumir o reto de gobernar formando parte dunha coalición co PSOE e de traballar por aplicar políticas de esquerdas que estean á altura das necesidades reais da clase traballadora.
Agradecemos a toda a militancia e simpatizantes o compromiso, a participación e o debate dados neste proceso de consulta.