O Ágora como espazo público dinamizador do Agra do Orzán

 

Algo que no caso do barrio do Agra do Orzán é especialmente grave debido as dificultades polas que atravesa unha veciñanza cosmopolita na que predominan minorías desfavorecidas como inmigrantes, maiores ou minorías étnicas.

 

Esquerda Unida esixe ao concello que o Ágora se converta nun espazo público de carácter social que teña como principio fundamental recuperar a tradicional vida de barrio no Agra do Orzán, motor para a recuperación económica do barrio e con ela a da súa veciñanza, pois so é necesario darse unha volta polo barrio para observares a grande cantidade de locais pechados. Esta é a situación a que está abocando ao pequeno comercio e aos barrios o Goberno local coas súa descarada aposta polas grandes superficies avaladas polo capital.

 

O consello comarcal de EU anuncia que solicitará en breve unha xuntanza coa AAVV Agra para tratar a situación do Ágora, tomar notas das reivindicacións da veciñanza e avanzarlles as propostas de Esquerda Unida.

 

Neste senso o coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “coincidimos coas valoracións e reivindicacións da AAVV Agra, a localización dunha sede nosa cerca da praza das conchiñas permítenos coñecer de primeira man a grave situación que vive gran parte da veciñanza”.

 

César Santiso expresou a urxente necesidade de desenvolver un plan de reactivación do barrio en lugar de desenvolver obras faraónicas. Pois os 11 millóns de euros procedentes de  fondos europeos deberían dar moito xogo para afrontar a grave situación a que se enfronta o barrio.

Relacionados