O BNG utilizou o local social de maiores para a realización dunha asamblea interna da organización política en horario de apertura para as actividades de maiores, botando ós/ás maiores do local social.
Dende aquí queremos recordar que na comisión de asuntos sociais do día 11 de decembro de 2008, aínda que non se aprobou o regulamento de uso do local social de maiores había un consenso entre tódolos grupos municipais de que o local só se puidera utilizar para as actividades de maiores e para actividades puntuais do concello que non se puideran realizar noutro local.
Este regulamento, a día de hoxe non está aprobado nin máis nin menos porque o paralizou o Alcalde collendo directamente él a xestión do local social.
Polo tanto demandamos do Alcalde que non confunda ó Concello co BNG facendo unha uitlización cando menos indebida dos locais municipais, e que retome o debate para a aprobación do regulamento de uso do local social donde quedou faí casi dous anos pola súa irresponsabilidade.