Xa que logo, o Consello Comarcal de EU Coruña denuncia que o alcalde está a utilizar a inauguración de actuacións públicas con fins electoralistas o que está a provocar sobrecustes e mala finalización das obras.
Durante a devandita inauguración do parque de Oza, Javier Losada sentíase orgulloso e asegurou que é un dos proxectos máis importantes do seu mandato xa que “será o epicentro da vida para miles de coruñeses”.
Con todo, César Santiso, Coordinador Comarcal de EU Coruña preguntase “como é posíbel que se poida presumir dunha actuación na que se produzo un incremento de case un tercio do importe do orzamento inicial.
Concretamente dous foron as ampliacións orzamentarias, a primeira realizouse en outubro de 2009 por un importe de 207.000 €, a segunda que incrementou os orzamentos en 465.000 € realizouse, con aleivosía e nocturnidade, o pasado 30 de decembro. Nesta ocasión o concello motiva a ampliación orzamentaria baixo o pobre argumento de “imprevistos”. Si a motivación, xa de por si anima a desconfianza, un estudo polo miúdo do incremento indica que a cantidade supón un aumento do 19,99% do orzamento inicial, e dicir, xusto ao límite do 20% que establece a lei de contratos das Administracións públicas para a obriga de convocar concurso público.
EU recorda que o Goberno local utiliza habitualmente este tipo de prácticas para conceder contratacións a dedo o que amosa con meridiana claridade o espírito especulativo e a falta de transparencia do Goberno municipal.
Xa que logo, Esquerda Unida considera que o concello actuou de mala fe e procurou trato de favor a empresa López Cao na contratación do parque de Oza para evitar desenvolver un concurso público e transparente. Pois resulta inverosímil que sexa necesario ampliar un orzamento case que nun 20% por imprevistos.