O alcalde promove a folga sectorial

Esquerda Unida considera que el alcalde está a fallar á cidadanía por desentenderse do problema do lixo e promover, así, unha folga sectorial que ocasionará moitas molestias á veciñanza. Mentres o alcalde limítase a pedir que se alcance un acordo, en lugar de participar proactivamente na resolución dun conflito que vai adquirir enormes dimensións logo da fronte común creada entre os Comités de Empresa de Albada, Cespa, Sogama e Arenosa. Esta unidade de acción de todas as centrais sindicais implicadas (CCOO, STL, UGT e CIG), ademais de ser o camiño para que as familias traballadoras poidan defender os seus dereitos, amosa con claridade que as pretensións de Albada son inaceptables tanto dende o punto de vista sindical como dende a lóxica, xa que logo, esiximos ao goberno municipal que abandone a súa apatía e actúe inmediatamente para evitar a folga sectorial, porque é un servizo público responsabilidade do Concello e existen múltiples ferramentas para resolvelo.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella inaudito que o alcalde fale dos 20 millóns que nos costa aos coruñeses o servizo, cando non moveu un so dedo nin no conflito actual, nin para resolver as eivas da concesionaria. O que ten que facer o alcalde é non pagar a concesionaria o canón polos días de folga e descontárnolo aos coruñeses e coruñesas do recibo do lixo, porque a concesionaria está a incumprir o contrato reciclando menos dun 5% do lixo e os coruñeses e coruñesas non temos que pagar por un servizo que non se está desenvolvendo. Con esta medida EU acredita que a concesionaria cesaría no seu empeño de extorsionara aos traballadores o que permitiría chegar a un acordo e rematar cun conflito que nestes momentos beneficia a empresa que non ten que pagar o salario dos traballadores que están en folga pero que recibe todos os cartos do Concello apesares de non cumprir coa obriga da concesión.

 

Para o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, o goberno local está a fomentar un escenario de folga total, facendo sufrir aos coruñeses e coruñesas as consecuencias da súa conivencia coa empresa. Para a veciñanza resulta tremendamente decepciónante observar como o seu goberno é incapaz de mediar nun conflito que non so prexudica á veciñanza, senón que dana gravemente a imaxe da nosa cidade no momento do ano que temos máis turistas, logo de investir millonadas en fomentar a imaxe da cidade.

Relacionados