O BNG négase a crear a comisión de investigación no caso Relámpago

 

Pois segundo declaraba César Santiso, membro da Executiva Nacional e do Consello Comarcal de EU, “está é unha boa ocasión para que o grupo municipal do BNG amose coherencia, se antes de estar no Goberno municipal rexeitaban radicalmente a devandita actuación urbanística do Concello, como lle din a cidadanía coruñesa que non van apoiar a creación da comisión?”.

 

Con todo, o BNG négase a creación da devandita comisión, nun acto que segundo Esquerda Unida denota incoherencia, escurantismo e covardía. A concelleira de Cultura indicou que “non ten sentido unha comisión de investigación de algo que xa está xulgado”. No entanto, César Santiso indicou que “a argumentación esgrimida pola concelleira non ten fundamento, unha cousa e un dictame xudicial e outra ben distinta a depuración de responsabilidades políticas, a cidadanía coruñesa ten dereito a saber porqué o concello coruñés, e dicir todas es todos nos, temos que facer fronte ao pagamento de 8,2 millóns de euros”.

 

O Consello Comarcal de EU Coruña lamenta a falta de transparencia do actual Goberno Municipal que beta os intentos de esclarecer a verdade, incluso por accións de goberno desenvolvidas en lexislaturas pasadas.

Por outra banda, Esquerda Unida rexeita as acusación efectuada polo PP na que acusa de ao BNG “cómplice necesario”, pois os nacionalistas opoñérense no seu momento a devandita reclasificación, algo que non fixo o propio PP, ao que ven se lle podería considerar cómplice desta situación, xa que logo, EU considera que, aínda que necesaria, a proposta do PP é hipócrita e electoralista.

Relacionados