O carril bus é necesario

 

Para Esquerda unida estas afirmacións demostran que para o novo goberno local a mobilidade non é unha prioridade, que non pretende desenvolver un plan de mobilidade participado coa veciñanza e que renuncia a dispoñer dun servizo de transporte público colectivo de calidade e competitivo.

 

Efectivamente o goberno bipartito desenvolveu unha rede de carril bus sen facer previamente un plan de mobilidade con importantes eivas non seu deseño, pero tamén o é que os datos demostran que grazas a estas infraestruturas o uso do transporte público aumentou considerablemente e mellorou a súa puntualidade.

 

Por iso, Esquerda Unida rexeita que se retire o carril bus sen que previamente se desenvolvan medidas alternativas e un plan de mobilidade participado pola veciñanza, para non caer non mesmos erros que o actual goberno local achaca ao anterior.

 

O voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, César Santiso, declarou “o alcalde erra ao por data a retirada do carril bus, primeiro hai que planificar e despois actuar, pois non cabe dúbida que a súa eliminación traerá consigo o incumprimento de frecuencias e, xa que logo, implicará molestias a veciñanza e a conseguinte redución do uso do transporte público a favor da utilización do vehículo privado.

 

Por moito que o alcalde se empeñe en facernos crer que a medida no suporá un retroceso na xa de por si deficitaria mobilidade coruñesa, con afirmacións falaces como “Más gente y el consiguiente incremento de coches en las calles no tiene por qué significar un mayor caos circulatorio”, a devandita medida traerá consigo maior caos circulatorio, maiores custos para a veciñanza, así como maior contaminación, dependencia ao petróleo e xeración de Gases de Efecto Invernadoiro, causantes do cambio climático, indicou Santiso.

Relacionados