O cheque familiar ás garderías é unha transferencia directa de fondos públicos á empresa privada

Con motivo da apertura do prazo de solicitude de praza nas escolas infantís para o vindeiro curso 2016-17 a Área de Educación de EU denuncia que a promoción dende a Xunta de Galicia do “cheque familiar” ás garderías privadas supón unha merma da calidade do servizo para aquelas familias que pola carencia de prazas en escolas de infantil públicas ou xestionadas polo Consorcio (Galiña Azul) non puideron acceder ás mesmas. Ademáis esta medida supón unha transferencia directa de fondos públicos á empresa privada,  inhibíndose a administración da prestación dun servizo público como é a educación do alumnado de cero a tres anos.

Esquerda Unida reivindica un modelo de Escolas Infantís (concepto superador do de “gardería” cun carácter meramente asistencial) cen por cen públicas e integradas na rede de educación (é dicir, a transferencias das existentes e as de nova creación á Consellería de Educación), coa obrigatoriedade de oferta de prazas suficientes por parte da administración e con carácter gratuíto para as familias.

Para Esquerda Unida, a subvención da Xunta ademais do seu carácter electoralista, afonda na política do goberno Feijóo de xestión privada dos servizos públicos, coa conseguinte merma da calidade do servizo.

Relacionados