O comedor escolar do colexio “Unión Mugardesa”

 

A pesares de que o grupo de goberno anunciaba días pasados que asinaría coa Xunta un convenio para facerse cargo da súa xestión, o certo é que o grupo de goberno non faí os seus deberes, nin cando aproba os orzamentos nin agora mesmo.

O protocolo previo ó convenio coa Xunta de Galicia foi aprobado por tódolos grupos municipais a mediados de agosto, o que falta agora,fundamentalmente é que o concello aprobe  a creación da partida no seu orzamento (non a creou a pesares das nosas advertencias cando aprobou os orzamentos),a dote coa cantidade económica suficiente para abordar o gasto, aprobe a ordenanza municipal para o cobro da taxa (incluíndo as posibles exencións e bonificacións para familias con poucos recursos económicos) e contrate a xestión aínda que sexa de forma provisional.Toda esta tramitación que aínda non se puxo en marcha require dun prazo non menor a un mes e medio.

Ante esta situación e ante o grave perxuicio que se lle está a causar ós veciños de Mugardos polo desgoberno do BNG, o GM de EU-IU demanda que con urxencia se poñan encima da mesa toda a documentación necesaria para que o retraso non conleve que o comedor escolar empezaría a funcionar no ano 2011.

Relacionados