O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrou a solicitude en febreiro e posteriormente presentou en pleno unha pregunta de resposta escrita para controlar o grado de cumprimento do goberno local. Porque considerábamos inconcibíbel que en pleno século XXI unha cidade que se di moderna é aspira a estar a vangarda española e europea, puidera manter este tipo de espazos degradados.
Esquerda Unida congratúlase con que o Concello atendese a súa solicitude de limpeza do vertedoiro ilegal na rúa oleoducto, evitando así a súa degradación e conversión en espazo marxinal porque de pouco sirve incorporarse a rede de cidades intelixentes si os poderes públicos non son quen de erradicar estas prácticas ou a lo menos actuar con dilixencia e rapidez diante deste tipo de actuacións incívicas.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “saudamos a actitude da concellería de medio ambiente mais esiximos ao goberno local que recupere o descampado para uso e goce da veciñanza, transformándoo temporalmente nunha zona de hortos urbanos, así ademais de recuperar zonas verdes degradadas posibilítase unha nova ferramenta de subsistencia nestes duros tempos de crise, pois con esta iniciativa, moitas das persoas desempregadas poderían, non so aprender e practicar unha activade alternativa, senón que terán a posibilidade de producir coas súas propias mans e sentirse útiles”.
César Santiso, que indicou que “este é un novo exemplo de oposición construtiva e pragmática, a veciñanza pode estar segura que atenderemos as súas demandas e pularemos para que o Concello solucione os seus problemas, porque entendemos a política como un servizo a cidadanía”.
Santiso afirmou que tamén acadaron o compromiso do goberno municipal para localizar e inventariar outros posíbeis puntos de vertido incontrolado que sexan obxecto de actuación, asemade de vixiar en todos os puntos nos que se actúa para que non se repitan este tipo de feitos.